
O
Clúster Audiovisual Galego celebrará en Santiago de Compostela do
24 de novembro ao 3 de decembro un curso de "
Especialización en MHP (Multimedia Home Plataform)", de 40 horas lectivas en horario de 16.00 a 21.00 horas. Estas xornadas, que se levarán a cabo na Facultade de Ciencias da Comunicación, forman parte do Programa Formativo que o CLAG está levando a cabo no 2008 co obxectivo de mellorar o capital humano do
sector audiovisual. O curso está dirixido a
programadores, analistas, deseñadores de software e/ou profesionais de empresas relacionadas ou interesadas na programación interactiva para televisión. Requírese un perfil técnico polo que é necesario que os participantes teñan coñecementos na linguaxe de programación JAVA. Impartirán o curso os docentes Alberto Gil Solla, Manuel Ramos Cabrer e Jorge García Duque, todos eles doutores enxeñeiros de telecomunicacións e profesores titulares do Departamento de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo. O número de prazas está limitado a 20 persoas e o prazo para formalizar a inscrición remata o
21 de novembro.
Descarga el formulario del curso:
formulario_curso_mhp.pdfDescarga el programa completo:
Programa_MHP_1.pdf Programa_MHP_2.pdf